Sabias que...

En Galicia, o 3% da poboación sufre algún trastorno mental grave ** Sólo o 20% das persoas con enfermidade mental de Galicia son atendidos por algún servizo de Saúde Mental do SERGAS ** Se estima que no 2020 a depresión será la primeira causa mundial de discapacidad laboral, seguida pola ansiedade e o estrés **

Servizo de Atención Domiciliaria

 

 

A asistencia psicosocial ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares, no seu propio domicilio, é un reforzo ao tratamento médico-psiquiátrico e ten como finalidade manter ao enfermo no seu entorno cunha calidade de vida digna.

En qué consiste

A partir dunha valoración ó inicio establécese un calendario aproximado de visitas no domicilio para falar das necesidades da familia en relación coa persoa afectada pola enfermidade mental e buscarlles conxuntamente solucións o melloras.

Dirixido a

Persoas con algún diagnóstico de trastorno mental severo (esquizofrenia, psicose, trastorno bipolar, trastorno da personalidade) con idades comprendidas entre os 18 e 60 anos, que teñan dificultade para acudir ao Centro de Rehabilitación.

Área de actuación

Bisbarra do Baixo MIño e arredores

Obxetivos

  • Apoiar ós familiares da persoa con enfermidade mental, como coidadores do doente.

  

  • Axudar na prevención de crises.

 

  • Mellora-lo desenvolvemento nas tareas da vida cotiá.

 

  • Complementar e apoiar o tratamento médico.

 

Contacto:

A GUARDA

Telf: 986 61 00 21

asociacion@avelaina.org.es

 

BAIONA:

Telf: 986 38 92 33

valminor@avelaina.org.es

 

Faro de Avelaíña