Sabias que...

Menos do 25% dos afectados por enfermidade mental é diagnósticado e tratado correctamente nos países occidentais ** 5 de cada 10 causas de discapacidade son debidas a problemas vencellados coa saúde mental ** 250.000 persoas padecen un trastorno mental grave en España **

Programa Respiro Familiar

 

Trátase de liberar a familiares de persoas con enfermidade mental crónica dos coidados cotiáns dos doentes, durante un período pequeno de tempo. Así, ó longo do ano organízanse varias saídas dunha duración de uno a tres días coas persoas afectadas. Estas saídas son dirixidas polo persoal profesional da Asociación Avelaíña e poden ter carácter lúdico, cultural, turístico ou simplemente recreativo.

Obxetivos

  • Alivia-la sobrecarga dos coidados cotiáns ós familiares.
  •  
  • Ofrecer ós coidadores un tempo propio, alleo á dependencia cotiá que a enfermidade mental lles impón.
  •  
  • Ofrecer ás persoas con enfermidade mental un entorno socializador pero relaxado.