Sabias que...

Según a OMS, o 12,5% de todas as enfermidades diagnosticadas é un tipo de trastorno mental ** En Galicia son 38.600 los pacientes diagnosticados y con algún tipo de tratamiento, según a Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental (Feafes)**

Outros Servizos

Programa de Actividades da Vida Diaria (AVD)

O taller de cociña pretende brndar autonomía aos nosos usuarios
Entrenamento en actividades cotiás básicas de autocoidado e outras que permitan a independencia persoal dos afectados por enfermidade mental.

 

As actividades desenrólanse a través de: 

 

  • Obradoiro de autocoidado

 

  • Obradoiro de cociña básica e limpeza doméstica
     
  • Obradoiro de manexo social e uso de recursos normalizados

 

  • Obradoiro de habilidades sociais

 

  • Obradoiro de ocio e tempo de lecer

Servizo de Transporte

Facilítase o aceso dos usuarios ó Centro de Rehabilitación e a súa participación nos Programas Asistenciais a través de diversas alternativas: Furgoneta da asociación, Xestión de bonos para o servizo público, etc.

Servizo de orientación comunitario

Atención ás demandas de información ou orientación da poboación en xeral relacionadas coa saúde mental.

Asesoramento Xurídico

O servizo de Asesoría Xurídica ten como obxectivo xeral o de informar e orientar ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias sobre a defensa e o exercicio dos seus dereitos.

 

A nosa Asociación Ofrece este servizo a través de FEAFES Galicia e o Centro Español de Información e Formación sobre a Enfermidade Mental (CEIFEM).

Servizo de Integración Laboral

Ofrécese orientación laboral para a integración de persoas con enfermidade mental a través do OEDEM, que xestiona FEAFES Galicia.

Mercado Solidario

Organizado pola Asociación Avelaíña, en conxunto coas asociacións Vontade e San Xerome, o Mercado Solidario constitúe un novo espazo de integración social da discapacidade.

 

Ten como finalidade a venda de produtos artesanais elaborados por persoas con discapacidade psíquica, física, intelectual ou enfermidade mental en feiras, festas populares e outras acontecementos na zona do Baxo Miño.

Campañas de sensibilización social

Distribución de material divulgativo impreso.
Participación en xornadas, campañas e foros.
Accións desenroladas pola Asociación Avelaíña, ben como iniciativa propia ou participando en iniciativas alleas, a través das que se tenta transmitir á poboación en xeral información relacionada coa saúde mental e unha actitude positiva ou aberta, de cara aos afectados.


Ten por obxecto reducir desestigmatiza-la enfermidade mental e reducir os prexuízos en relación coa enfermidade mental, para favorece-la integración social.

 

Algunhas das actividades que se desenvolven son:

  

  • Exposición e venda de produtos feitos polos usuarios dos nosos obradoiros ocupacionais.

 

  • Distribución de material divulgativo impreso.

 

  • Participación en xornadas, campañas e foros.

 

Contacto:

A GUARDA

Telf: 986 61 00 21

asociacion@avelaina.org.es

 

BAIONA:

Telf: 986 38 92 33

valminor@avelaina.org.es

 

Faro de Avelaíña