Sabias que...

Menos do 25% dos afectados por enfermidade mental é diagnósticado e tratado correctamente nos países occidentais ** 5 de cada 10 causas de discapacidade son debidas a problemas vencellados coa saúde mental ** 250.000 persoas padecen un trastorno mental grave en España **

Os Nosos Servizos

Os obradoiros teñen fines teràpéuticos.

Noso equipo de profesionais e técnicos ten a capacidade de ofrecer servizos a persoas con problemas de saúde mental, os seus familiares ou cuidadores e á comunidade da nosa área xeográfica de influencia.

 

Entre os servizos que prestamos ás persoas con enfermidade mental destaca o Centro de Rehabilitación Psicosocial (CRP) e ó Servizo da Atención Domiciliaria (SAD). Do mesmo xeito, a Asociación Avelaíña realiza obradoiros na procura de formación e capacitación de persoas con problemas de saúde mental. Este é o caso do Programa de Actividades da Vida Diaria (AVD) ou Servizo de Integración Laboral, que é ofrecido a través da FEAFES Galicia.

Usuarios no obradoiro de prensa.

 

Hai actividades que están orientadas a apoiar os familiares e cuidadores de persoas con problemas de saúde mental, tales como o Programa Escola de Familia (PEF), Programa Respiro Familiar (PRF) e tamén a Asesoría Xurídica, servizo que préstase gracias ao apoio que nos fai FEAFES Galicia e o Centro Español de Información e Formación en Saúde Mental (CEIFEM).

Venda de produtos artesanais durante as Festas do Monte.

 

Finalmente, tendo en conta a poboación en xeral da nosa área xeográfica de influencia a Asociación Avelaíña conta co Servizo de Orientación Comunitario e a organización de Campañas de Sensibilización que  queren informar, educar e sensibilizar sobre a enfermidade mental, reducir o estigma contra as persoas afectadas e contribuír a súa integración social.