Sabias que...

En Galicia, o 3% da poboación sufre algún trastorno mental grave ** Sólo o 20% das persoas con enfermidade mental de Galicia son atendidos por algún servizo de Saúde Mental do SERGAS ** Se estima que no 2020 a depresión será la primeira causa mundial de discapacidad laboral, seguida pola ansiedade e o estrés **

Noticias saúde mental 2015

Xulio

INFOSALUS

2/07/2015

Guías para manexar os trastornos psicóticos
O Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Saúde Carlos III, edita dúas guías para mellorar a atención e tratamento de adolescentes afectados por algún trastorno psicótico e as súas familias.

Noticia completa

Xuño

LA VOZ DE GALICIA

30/06/2015

A empresa local contrata a pacientes de saúde mental para facilitar a súa inserción

A conselleira de Sanidade pediu nas instalacións de Lar en A Laxe que se deixe de estigmatizar a estes enfermos

Noticia completa

El MUNDO

24/06/2015

Diagnosticar enfermidades mentais a través dos ollos

A empresa Bcn Innova recibe financiamento para adaptar o seu dispositivo médico Gazelab, de análise do movemento ocular.

Noticia completa

ABC

22/06/2015

Un millón de nenos afectados por trastornos mentais en España

A pesar dos avances no diagnóstico e tratamento dos problemas psiquiátricos na infancia, os psiquiatras alertan da necesidade de crear sistemas específicos de atención.

Noticia completa

EPSOCIAL

22/06/2015

Feafes Empleo celebra desde este luns o seu congreso 'Empregando Saúde Mental: dez anos de compromiso'

Feafes Emprego, unha Asociación Empresarial de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa social e sen ánimos de lucro, celebra a partir deste luns o Congreso 'Empregando Saúde Mental, dez anos de compromiso', para favorecer a inserción laboral das persoas con trastorno mental grave.

Noticia completa

INFOSALUS

08/06/2015

Estratexias farmacolóxicas: clave para a estabilidade co esquizofrénico
Presentar estratexias farmacolóxicas de tratamento a longo prazo para reducir os síntomas psicóticos e previr as recaídas dos pacientes con esquizofrenia é o obxectivo que levou a Janssen a organizar o simposio 'Na busca dunha mellor autonomía do paciente', que conta con catro talleres para compartir datos sobre medicina baseada na evidencia e para debater sobre cuestións clínicas relevantes en materia de Psiquiatría.

Noticia completa

Maio

INFOSALUS

28/05/2015

Os 'smartphones' poderían previr recaídas en pacientes con trastorno bipolar
Ol uso de móbiles podería previr as recaídas en pacientes con trastorno bipolar, segundo unha investigación do grupo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Saúde Carlos III, especializado en trastorno bipolar e que lidera o doutor Eduard Vieta no Hospital Clínic de Barcelona.

Noticia completa

INFOSALUS

27/05/2015

O tabaquismo é a principal causa de morte en persoas con enfermidade mental
O tabaquismo é a principal causa de morte en persoas con enfermidade mental, segundo alertou o presidente da Sociedade de Patoloxía Dual (SEPD), Nestor Szerman, con motivo da celebración, o próximo 31 de maio, do Día Mundial sen Tabaco.

Noticia completa

LA VOZ LIBRE

21/05/2015

A esquizofrenia: a enfermidade mental grave por antonomasia

A esquizofrenia é, sen dúbida, unha das peores enfermidades que existen. Afecta ao 1 % da poboación, maioritariamente varóns, aparece en tódolos estratos sociais e, pesares do indubidable avance terapéutico que se ten producido, segue a provocar un intenso sufrimento persoal e social. Cando falamos de esquizofrenia estamos a falar da enfermidade mental con maiúsculas , do que pexorativamente se chama loucura, en suma, da enfermidade mental grave por antonomasia.

Noticia completa

ABC

19/05/2015

O medo a traballar xunto a un enfermo mental

Que faría se soubese que o seu compañeiro de traballo sofre una enfermidade mental? Probablemente lle invadiría o medo e a incerteza ao non saber se, en calquera momento, quen comparte mesa con vostede se volverá agresivo. Por desgraza, o inevitable estigma convértese en compañeiro de viaxe dos enfermos mentais unha vez o seu problema se converte nun segredo a voces.

Noticia completa

LA VOZ LIBRE

04/05/2015

Violencia e enfermidade mental: do mito á realidade

Di a sabedoría popular que “una mentira repetida moitas veces convértese en verdade”. E sen dúbida iso é o que está a ocorrer coa enfermidade mental. Hoxe, o enfermo mental é socialmente percibido como un suxeito violento, incurable e perigoso. E o “mantra” de que todos os actos inexplicables son produto dunha enfermidade mental psíquica corre como a pólvora, incluso entre as persoas ilustradas.

Noticia completa

Abril

ES TU SANIDAD

29/04/2015

A enfermidade mental non exclúe do mundo laboral

O accidente de avión nos Alpes ocorrido o 22 de mano no que morreron 149 persoas e que ocupou o longo deste mes as páxinas dos xornais de todo o mundo. A revelación de que o copiloto, Andreas Lubitz, tiña depresión reavivou os estigmas que rodean á enfermidade mental e que tanto loitan os pacientes porque desaparezan.

Noticia completa

EL MUNDO

22/04/2015

Enfermidade mental non é sinónimo de violencia

Debería o profesorado ter acceso ao historial clínico dos seus alumnos? Os psiquiatras infantís consultados por este xornal levan as mans á cabeza con esta proposta. “Non hai ningunha enfermidade mental que se relacione cun maior risco de cometer actos violentos que o da poboación xeral”.

Noticia completa

TE INTERESA.ES

20/04/2015

FEAFES capacita a 20 persoas con enferidade mental para ser orientadoras da súa rede de asociacións

A Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes) capacitou a unha vintena de cidadáns con este tipo de problemas de saúde para ser orientadores da súa rede de asociacións. Fíxoo, segundo informou a entidade este luns nun comunicado, mediante a realización do curso “Informando en primeira persoa”, unha iniciativa enmarcada no proxecto 'In-Formándonos: A autonomía é un dereito.

Noticia completa

ES TÚ SANIDAD

16/04/2015

A enfermidade mental sóbese ao escenario

Federico García Lorca dixo una vez que o teatro é a poesía que sae dun libro para facerse humana. Pero pode que sexa a propia historia humana o que fai que sexa poesía e dea para unha obra. Se de algo serve esta rama das artes escénicas é para contar, deixar pegada e reflexionar sobre a ficción que está ante os ollos. Precisamente, ese obxectivo é o que perseguen os afectados por una enfermidade mental, xa que demandan que exista máis concienciación e sensibilización sobre a súa realidade.

Noticia completa

SEMANA

11/04/2015

Non máis estigmas ás enfermidades mentais

O caso de Andreas Lubitz, o copiloto de Germanwings, xerou a falsa idea de que as enfermidades mentais son sinónimo de perigo.

Noticia completa

Marzo

EL PERIÓDICO

27/03/2015

Hugo Silva, imaxe da IV Carreira Solidaria pola Saúde Mental de Fundación Manantial

Hugo Silva é o protagonista do cartel da IV edición da Carreira Solidaria pola Saúde Mental organizada por Fundación Manantial. Baixo o lema "non podemos parar, corre pola integración social e laboral das persoas con problemas de saúde mental”.

Noticia competa

SOMOS PACIENTES

08/03/2015                                                             

Programa para a concienciación sobre a saúde mental en colexios e institutos

A Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), membro  de Somos Pacientes, presentou o seu programa ‘#Descubre. No bloquees tu salud mental’, iniciativa didáctica para sensibilizar e informar sobre a saúde mental, e moi especialmente sobre a relación existente entre o consumo de drogas e o desenvolvemento de trastornos mentais, aos alumnos de colexios e institutos, os seus familiares e os seus profesores.

Noticia completa

ABC

5/03/2015

No mundo hai 450 millóns de persoan con enfermidade mental En el mundo hay 450 millones de personas con enfermedad mental

En 2005, a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixo públicas unhas cifras dramáticas sobre a saúde mental no mundo: unha de cada catro persoas padece algunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que supón uns 450 millóns de afectados. Agora, a Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos (OCDE) realiza un informe sobre esta cuestión nas persoa sen idade de traballa re os datos son bastante parecidos. Segundo o texto, un 20% desta poboación sofre unha enfermidade mental.

Noticia completa

INFOSALUS

04/03/2015

A crise aumenta as consultas en AP sobre problemas de saúde mental
A crise económica provocou un aumento nas consultas de Atención Primaria de pacientes con problemas de saúde mental, aínda quen on de patoloxías mentais máis graves, segundo mostra o estudo 'Impact”, realizado en diferentes servizos de médicos de familia en España.

Noticia completa

Febreiro

EL PAÍS

23/02/2015

Os pacientes con trastornos mentais plantan cara ao seu estigma

Agresivos, incapaces de traballar ou, simplemente, raros, son algúns dos adxectivos que acompañan ao imaxinario colectivo cando se fala de persoas que padecen un trastorno mental. Pese ás campañas de sensibilización dos últimos anos para desamar eses estigmas, os afectados e colectivos médicos avisan que os trastornos mentais seguen a ser un tabú.

Noticia completa

LA INFORMACIÓN.COM

18/02/2015

Feafes quere dar voz a 10.000 persoas con esquizofrenia

A Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes) propúxose dar voz a un total de 10.000 persoas con esquizofrenia, un trastorno co que viven uns 400.000 cidadáns en España e aos que non se lles ten demasiado en conta á hora de participar sobre o seu tratamento nin á hora de "decidir sobre aspectos básicos da súa vida".

Noticia completa

20MINUTOS

16/02/2015

As persoas con trastornos mentais denuncian a discriminación que padecen
Un de cada cinco cataláns non confiaría nunha persoa con un problema de saúde mental para coidar de alguén (16%), un de cada tres non sabe se traballaría con alguén con un trastorno mental diagnosticado (21%) e a metade (51%) non sabe se confiaría en ela para darlle responsabilidade. Estes son algúns dos datos recollidos a través da Enquisa de Saúde de Cataluña (ESCA), que a Generalitat realiza periodicamente e que incluíu unha serie de preguntas de Obertament sobre cómo a sociedade percibe a esquizofrenia ou o trastorno bipolar, pero tamén a depresión e a ansiedade, que cada vez afectan a máis persoas.
Noticia completa

DIARIO DE JEREZ

15/02/2015

"Si nós nos ocultamos non mudará o trato cara a enfermidade mental"

Ade Alicia Romero é unha historia de superación. Convive dende a adolescencia cunha enfermidade mental, á que fai fronte con valentía. Agora plasma nun libro a súa experiencia.

Noticia competa

LA VOZ DE GALICIA

11/02/2015

Lar concienciará aos adolescentes da comarca sobre os riscos das enfermidades mentais

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con enfermidade mental de Galicia (Feafes) puxo en marcha a campaña «Mentalízate» que te como obxectivo informar e sensibilizar aos mozos sobre a saúde mental, fomentando hábitos e estilos de vida saudables e traballando na prevención das enfermidades mentais a través da concienciación sobre os riscos dos consumos tóxicos, tendo en conta que o 20 % dos adolescentes rematan sufrindo unha enfermidade deste tipo.

Noticia completa

Xaneiro

EFE

19/01/2015

Esquizofrenia, trastorno bipolar e depresión comparten xenética

Avanzar na medicina personalizada é un dos retos dos científicos, tamén para os trastornos psiquiátricos común. Agora, un grupo de investigadores agrupados no Consorcio Xenómico de Psiquiatría constata que a esquizofrenia, o trastorno bipolar e a depresión comparten xenética.

Noticia completa

LA RAZÓN

12/01/2015

Esquizofrenia: a irrealidade da mente

Unha detección temperá da esquizofrenia resulta fundamental para conseguir modificar o prognóstico dos pacientes, que en moitos casos son reticentes a continuar co tratamento médico, o que lles provoca que teñan cinco veces máis posibilidades de ter un novo episodio da súa enfermidade.

Noticia completa

HOY.ES

11/01/2015

 “Relacionar conduta anómala e enfermidade mental é un erro”

No cerebro está a clave do comportamento humano. Sobre como funciona esta masa gris sabe moito José Luís Carrasco Perera (Cáceres, 1961) Completou a súa formación na Universidade de Columbia en Nova York e dende 2007 é catedrático de Psiquiatría da Universidade Complutense de Madrid e xefe da Unidade de Trastornos da Personalidade do Hospital Clínico. Aula HOY tráeo a Cáceres e Badaxoz, onde falará sobre conduta, cerebro e enfermidades.

Noticia completa

SUPER CUIDADORES

07/01/2015

Que facer se o noso fillo ten esquizofrenia

Cando se detecta unha enfermidade no noso entorno como unha enfermidade mental, tendemos a sobre-protexer á persoa e incluso apiadarnos dela. Pero iso é un erro. O obxectivo é o mesmo que con calquera outra enfermidade: fomentar a autonomía e a independencia.

Noticia completa

LA VOZ DE GALICIA

03/01/20015

O Sergas cea un videoxogo para tratar a pacientes de saúde mental

Un grupo de investigación do Sergas, liderado polo coordinador da unidade de psicoxeriatría do hospital de Ourense, Alejandro García Caballero, deseñou un programa de adestramento en cognición social para a rehabilitación de pacientes que sofren esquizofrenia, outros trastornos mentais e incuso traumatismos craneoencefálicos.

Noticia completa

Regresar