Sabias que...
Piso Protexido

Os pisos protexidos son vivendas de trasición ou fórmulas de aloxamento alternativo previstos para aquelas persoas con enfermidade mental persistente, que teñen autonomía de conduta, pero que carecen dunha posibilidade de convivencia familiar ou cuxos familiares non teñen a posibilidade de achegarlle os coidados requiridos.
O de Avelaíña é un piso supervisado, con prazas concertadas polo SERGAS, que se atopa enteiramente xestionado pola asociación. Consta de catro prazas e o seu funcionamento xeral, responsabilidade da
dirección técnica e psicolóxica da nosa asociación, procura unha contorna doméstica e familiar, no que se protexen conceptos como privacidade, relacións interpersoais, estabilidade, propiedade,
seguridade física e psicolóxica.
Directamente, o equipo de terapeutas ocupacionais e educadores sociais, supervisan e coordinan a participación dos residentes en actividades domésticas cotiás, como un mecanismo de axuda psicosocial
para o seu desenvolvemento. Devanditas actividades contan co apoio loxístico dunha empregada do fogar, encargada da compra e cociña diaria, así como os labores de limpeza xeral.

