Sabias que...
Outros Servizos
Programa de Actividades da Vida Diaria (AVD)
O taller de cociña pretende brndar autonomía aos nosos usuarios
As actividades desenrólanse a través de:
-
Obradoiro de autocoidado
-
Obradoiro de cociña básica e limpeza doméstica
-
Obradoiro de manexo social e uso de recursos normalizados
-
Obradoiro de habilidades sociais
-
Obradoiro de ocio e tempo de lecer
Servizo de Transporte
Facilítase o aceso dos usuarios ó Centro de Rehabilitación e a súa participación nos Programas Asistenciais a través de diversas alternativas: Furgoneta da asociación, Xestión de bonos para o servizo público, etc.
Servizo de orientación comunitario
Atención ás demandas de información ou orientación da poboación en xeral relacionadas coa saúde mental.
Asesoramento Xurídico
O servizo de Asesoría Xurídica ten como obxectivo xeral o de informar e orientar ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias sobre a defensa e o exercicio dos seus dereitos.
A nosa Asociación Ofrece este servizo a través de FEAFES Galicia e o Centro Español de Información e Formación sobre a Enfermidade Mental (CEIFEM).
Servizo de Integración Laboral
Ofrécese orientación laboral para a integración de persoas con enfermidade mental a través do OEDEM, que xestiona FEAFES Galicia.
Mercado Solidario

Organizado pola Asociación Avelaíña, en conxunto coas asociacións Vontade e San Xerome, o Mercado Solidario constitúe un novo espazo de integración social da discapacidade.
Ten como finalidade a venda de produtos artesanais elaborados por persoas con discapacidade psíquica, física, intelectual ou enfermidade mental en feiras, festas populares e outras acontecementos na zona do Baxo Miño.
Campañas de sensibilización social
Distribución de material divulgativo impreso.
Participación en xornadas, campañas e foros.
Accións desenroladas pola Asociación Avelaíña, ben como iniciativa propia ou participando en iniciativas alleas, a través das que se tenta transmitir á poboación en xeral información relacionada coa
saúde mental e unha actitude positiva ou aberta, de cara aos afectados.
Ten por obxecto reducir desestigmatiza-la enfermidade mental e reducir os prexuízos en relación coa enfermidade mental, para favorece-la integración social.
Algunhas das actividades que se desenvolven son:
-
Exposición e venda de produtos feitos polos usuarios dos nosos obradoiros ocupacionais.
-
Distribución de material divulgativo impreso.
-
Participación en xornadas, campañas e foros.

