Sabias que...
Nosos Servizos
Os obradoiros teñen fines teràpéuticos.Noso equipo de profesionais e técnicos ten a capacidade de ofrecer servizos a persoas con problemas de saúde mental, os seus familiares ou cuidadores e á comunidade da nosa área xeográfica de influencia.
Entre os servizos que prestamos ás persoas con enfermidade mental destaca o Centro de Rehabilitación Psicosocial (CRP) e ó Servizo da Atención Domiciliaria (SAD). Do mesmo xeito, a Asociación Avelaíña realiza obradoiros na procura de formación e capacitación de persoas con problemas de saúde mental. Este é o caso do Programa de Actividades da Vida Diaria (AVD) ou Servizo de Integración Laboral, que é ofrecido a través da FEAFES Galicia.
Usuarios no obradoiro de prensa.
Hai actividades que están orientadas a apoiar os familiares e cuidadores de persoas con problemas de saúde mental, tales como o Programa Escola de Familia (PEF), Programa Respiro Familiar (PRF) e tamén a Asesoría Xurídica, servizo que préstase gracias ao apoio que nos fai FEAFES Galicia e o Centro Español de Información e Formación en Saúde Mental (CEIFEM).
Venda de produtos artesanais durante as Festas do Monte.
Finalmente, tendo en conta a poboación en xeral da nosa área xeográfica de influencia a Asociación Avelaíña conta co Servizo de Orientación Comunitario e a organización de Campañas de Sensibilización que queren informar, educar e sensibilizar sobre a enfermidade mental, reducir o estigma contra as persoas afectadas e contribuír a súa integración social.

