Sabias que...

O 0,1% da poboación desenvolverá algunha forma de esquizofrenia ao longo da súa vida ** 450 millóns de persoas están afectadas por unnha enfermidade mental, neuroloxica au conductual que dificulta gravemente a súa vida ** Entre o 70 e 80% das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego **

Mercado Solidario

Mercado Solidario nace como espazo de encontro solidario, para dar a
coñecer o traballo que realizan as persoas con discapacidade nos talleres de
artesanía das diferentes asociacións que participamos no proxecto á vez que permite compartir as actividades cotiás da súa día a día, para favorecer e equiparar as oportunidades deste colectivo, logrando o desenvolvemento pleno dos seus potenciais.

Asociacións integrantes:
ACEESCA, ALENTO, AVELAÍÑA,COGAMI, JUAN MARÍA, SAN XEROME e VONTADE

Historia

Mercado Solidario nace no ano 2007, por iniciativa de tres asociacións
(Avelaíña, San Xerome e Vontade).
No ano 2009, únense a elas, Aceesca, Alento e Cogami Mos, para propiciar e fortalecer a inclusión de persoas con discapacidade, residentes na provincia de
Pontevedra.

No ano 2014 únese o Centro Juan María.
Este proxecto nace da necesidade compartida destas asociacións para
intercambiar experiencias, achegar ás familias, e dar a coñecer e fomentar as capacidades, por medio da venda e exposición de produtos artesanais:
Véndense produtos artesanais realizados nos diferentes Centros
xestionados polas asociacións integrantes de Mercado Solidario. Trátase  de deseños propios de cerámica, coiro, madeira, bixutería, llaveros, cinceiros,
produtos téxtiles, etc.

Obxectivos

Obxectivos:
-Ser un punto de encontro para as nosas asociacións, que propicie o intercambio
de experiencias e o apoio mutuo, tratando de resolver problemas que nos afectan.
Este espazo fomenta o espírito de solidariedade e amplía a percepción sobre as distintas necesidades das persoas con discapacidade, as familias e a súa
contorna.
-Sensibilizar á poboación da realidade das persoas con discapacidade, nos
distintos espazos da Comunidade, e transmitir unha actitude positiva e aberta,
de face a estas persoas.
-Facilitar información sobre a discapacidade, a través de material divulgativo
das distintas asociacións.
-Expor e vender produtos artesanais: Grazas á pequena achega de cada venda, as
persoas con discapacidade poderán seguir contando co apoio adecuado para o seu
desenvolvemento persoal integral.
Coa venda, ademais de lograr a satisfacción de cada usuario/a, ao ver
recoñecido o seu traballo, tamén se dá saída aos produtos elaborados nos talleres.
-Recádanse fondos para financiar as súas actividades e facilitar o funcionamento e continuidade destes centros, permanentemente activos, en
beneficio deste sector da sociedade

Ámbito de actuación

Mercado Solidario está orientado á poboación en xeral da área de influencia da  zona sur de Pontevedra. O noso obxectivo é estar presente en todas as feiras e
eventos máis importantes.:

 

 

 



TUI:
Feira Agrícola Industrial do Baixo Miño
Feira de artesania
Campaña do Nadal
San Telmo

TOMIÑO:
Feira do Kiwi

GUARDA:

Fiesta del Monte

Fiesta de Tradiciones Marineras

GONDOMAR:
Feira de artesanía

BAIONA:
Festa do Carmen
O ROSAL:
Feira do Viño
San Gregorio

Día dás Letras Galegas
O PORRIÑO
Festas do Cristo
Festa dous Callos

VIGO

Centro Comercial Travesía de Vigo

Contacto:

A GUARDA

Telf: 986 61 00 21

asociacion@avelaina.org.es

 

BAIONA:

Telf: 986 38 92 33

valminor@avelaina.org.es

 

Faro de Avelaíña