Sabias que...

O 0,1% da poboación desenvolverá algunha forma de esquizofrenia ao longo da súa vida ** 450 millóns de persoas están afectadas por unnha enfermidade mental, neuroloxica au conductual que dificulta gravemente a súa vida ** Entre o 70 e 80% das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego **

A nosa Asociación

Avelaíña é unha organización sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, composta de parentes e amigos de persoas con enfermidade mental, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde, que forma parte da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia) e a Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Enfermos mentais (FEAFES).

 

A misión da Asociación Avelaíña consiste en reforzar a integración das persoas con enfermidade mental nas bisbarras do Baixo Miño e Val Miñor da provincia de Pontevedra, promovendo a mellora da súa calidade de vida e a da dos seus familiares.

 

Entre os seus obxectivos atópanse:

 

  • Promover as intervencións na área da saúde mental non cubertas polas institucións existentes, buscando unha mellor relación entre a persoa con enfermidade mental e seu entorno.

 

  • Informar, educar e sensibilizar sobre a enfermidade mental.

 

  • Ofrecer apoio e solidariedade entre as familias afectadas.

 

  • Incentivar as iniciativas propias e as dirixidas a facilitar a reintegración psicosocial das persoas afectadas.

 

  • Fortalecer e impulsar a formación profesional para as persoas con enfermidade mental.

 

 

Contacto:

A GUARDA

Telf: 986 61 00 21

asociacion@avelaina.org.es

 

BAIONA:

Telf: 986 38 92 33

valminor@avelaina.org.es

 

Faro de Avelaíña